segunda-feira, 22 de setembro de 2008

MINHA VIDA


Gracias por collerme da man cando mais o necesitaba,

por dicirme "- ti podes con eso e con mais-..."

por empuxarme a seguir facendo mùsica

Por ser ti. sempre ti. a minha pequena

bicos nena


quinta-feira, 26 de junho de 2008

DE MOUROS E SEREAS


CAMIÑOS QUE ME LEVADES
A BUSCAR MAIS CAMIÑOS
NON ME DEIXEDES QUE MARCHE
SEN PASEAR ENTRE OS MUIÑOS
SEN ESCOITAR LENDAS DE MOUROS
VIVIDAS COS TEUS OLLIÑOS
CÓNTAME AQUEL CONTO
DUNHA SEREA ENCANTADA
OU DE COMO UN NENO SOÑANDO
A LUA CA MAN TOCABA
CAMIÑOS QUE ME LEVADES
A BUSCAR MAIS CAMIÑOS
NON ME DEIXEDES QUE MARCHE
SEN LEVA-LOS SEUS ALOUMIÑOS
PARA TI MARIINHA POR FALAR COMO E DO QUE TI SABES...

segunda-feira, 23 de junho de 2008

PARA QUENES SEMPRE ESTADES MOI OCUPADOS/AS



PECHADE A PORTA POR DENTRO QUE POR FORA XA A PECHAMOS NOS/EU

segunda-feira, 9 de junho de 2008

FONTECOVA

O CAMIÑO MAIS BONITO É O QUE NOS QUEDA POR ANDAR.

quinta-feira, 5 de junho de 2008

domingo, 1 de junho de 2008

ROSEIRAS DO MES DE ABRIL




SI EN FOTO IMPRESIONA... IMAXINA ESPERTAR CADA MAÑÀ CON ELA...

quinta-feira, 29 de novembro de 2007

1811

1811
Pasaran xa doce longos anos naquela casa e parecía que xa formaba parte do enxoval. Raras veces, a escasa xente que por alí pasaba reparaba en mín pra fitarme ou adicarme unas verbas. Só os xoves me acicalaban coidadosamente coma un meniño nun día de festa.
Anceiaba que chegase ese día e con el a limpeza e os aloumiños.
Era unha das poucas satisfaccións que podía recibir naquel vello e escuro pazo. O ar facíase naquel día máis respirable, polos recendos que fuxían dos xabóns que usaba o persoal do servicio.
O cuarto onde eu estaba tiña unha fiestra que daba ó pantano, que a simple vista non parecía gardar tanta vida como en verdade tiña. Algunhas noites os lobos rondaban nel á busca dalgunha presa que levar á boca. E os seus ouveos, lonxe de meterme medo, facíanme sentir menos só do que en realidade estaba.
Todo mudou unha noite de novembro do 1811. Dúas aldrabadas ecoaron no vello pazo rachando aquela tranquilidade na que eu me atopaba. O rinchar do vello e pesado portón de carballo, advertiume de que aquela noite tería visita.
Anque non era xoves o ar encheuse de vida e frescura. Unha voz feminina, doce e lene, como poucas oíra na miña vida, preguntou -¿hai alguén…?
No sei por qué pero … non respostei, anque desexaba telo feito, no canto diso, déuseme por xogar coa miña inesperada invitada e ficar quedo coma se fose un trebello máis dos que alí había.
Oín pasos escada arriba, os vellos chanzos da escaleira de carballo chiaban de dor debaixo dos delicados e pequerrechos pes da miña óspede, so iso xa daba lixeira impresión do lamentable estado no que se atopaba o pazo.
- Hola -¿hai alguén aquí…? Repetía coma se dunha aburrida canción infantil se tratase. Eu seguía sen contestarlle, anque o que máis desexaba era ve-la súa face cando me vise.
Naquel intre comezou a chover e aveciñábase unha treboada.
Os doce anos afundido no mutismo e no hastío máis absolutos nuns intres non serían máis ca un mal recordo.
Os pasiños facíanse cada vez máis presentes, puiden percatarme de que xa entrara no recibidor do meu cuarto, e o encontro era inminente. Non había marcha atrás, a sorte estaba botada, e todo parecía apuntar que por unha vez a moeda ia caer do meu lado, por una vez en doce anos ia conseguir que alguén me dixese algo, que me tratasen dun xeito distinto.
Un lóstrego iluminou o cuarto e un berro afogado subiu dacabalo do eco por todo o pazo, a luz iluminou todo o tempo suficiente para que a miña bela e inesperada invitada divisara unha vella e descoidada lámpada de aceite e a acendese, non sen pouco traballo por causa da humidade … aquela maldita humidade que tanto dano me tiña feito nos derradeiros doce anos.
A lene e amarela luz do candil facía un pouquiño máis acolledor aquel frío cuarto. Mentres tanto a miña invitada
vagaba pola estancia, movida pola curiosidade ou quizais na busca dalgún vestixio de vida que a fixese sentirse ben.
Mentras arrandeaba a vella pero aínda confortable mecedora co candil apoiado no seu xeonllo advertiu un reflexo ó fondo do cuarto, ergueuse engordiño, cunha chea de ruxires baixo dos seus minúsculos, delicados e preciosos pés. Achegouse de vagariño ó reflexo.
Fóra a treboada facíase cada vez máis presente. Un lóstrego foi bater coa vella gárgola de bronce do torreón da parte norte do pazo, e fixo un estrondo enxordecedor.
Dende a miña privilexiada posición podía ver como acicalaba e colocaba cos seus longos e finísimos dedos a longa e loira melena. Doce anos de sopor e ostracismo parecía que ian desaparecer dun intre a outro.
Cando xa estaba diante de min e estirando a súa branca man, acariñoume cun lene movemento de esquerda a dereita. Puiden entón senti-la calor daquela man, o recendo a xazmin, romeu e inocencia, o lene pisar dos seus delicadiños pés no chan de cedro e incluso a sensación de que aquela sería a vez que máis preto ía estar dunha muller fermosa.
Eu estabaa vendo, tranquila, doce, confiada,… tiñaa tan preto… pero á vez moi, moi lonxe, e ela … ela … no canto de verme a min…, estábase vendo a si mesma, baixo da lene e amarela luz do candil, naquel ancián espello de madeira de noceira coa ánima danada pola la carcoma e a soidade, no pazo a escasos metros do pantano, naquela noite de treboada en novembro do 1811.